Saturday 04 de May de 2024

Xestión das emocións e musicoterapia, próximas propostas dos “Martes Saudables”


O Concello de Oroso organiza mañá martes 5 de abril unha nova sesión dos “Martes Saudables”, unha inicaitiva que pretende achegarlles aos maiores do municipio temas relacionados coa saúde, o benestar e os servizos sociais. Nesta ocasión, a charla leva por título “Aprendendo a xestionar as emocións, o estrés e a ansiedade” e será impartida por técnicos da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas).

A charla terá lugar no Local da Terceira Idade, na rúa do Campo, 9 (Sigüeiro) en horario de 17:00 a 19:00 horas. A entrada é totalmente de balde. E para a seguinte cita, que terá lugar o martes 3 de maio, o Concello de Oroso recuperará unha cita que todos os anos se repite debido á boa resposta entre a veciñanza: o charla de “Musicoterapia”.